Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:39:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Unha cidade limpa » Escoba de Prata 2012

Escoba de Prata 2012


Ampliar Foto...
O premio concedido a Monforte
O Concello de Monforte de Lemos acadou un premio na décimo terceira edición do certame Escobas de Prata, Ouro e Platino que con carácter bianual, e desde 1987, organiza a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (Ategrus). En concreto, o galardón, unha Escoba de Prata, foi logrado na categoría de cidades de 20.000 habitantes.

Que é a “Escoba de Plata”

Trátase dun concurso convocado por ATEGRUS, cuxo obxectivo é difundir o bo facer da xestión de residuos urbanos e industriais, así como a elaboración de proxectos e o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostenible do medio ambiente.

Ampliar Foto...
Diploma de concesión do premio

Que é ATEGRUS?

ATEGRUS- Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente- constituída en 1965, é a única asociación española que abarca todos os sistemas de xestión de residuos, aseo urbano e medio ambiente e reúne aos municipios, empresas e técnicos do sector co fin de compartir as súas experiencias e intercambiar criterios.

Membro nacional da ISWA (International Solid Waste Association), C.W.I. (Clean World International) e E.F.A.E.P. (European Federation of Associations of Environmental Professionals). Membro ademais de CIWM (Chartered Institution of Wastes Management), ASTEE (Association Scientifique et Technique pour l´Eau o l´Environnement), ECN (European Compost Network), Consorcio A o-Invest e AENOR. Tamén posúe convenios de colaboración con AIDIS, Fundación Euro-Árabe, APESB, entre outros.

Ampliar Foto...
O traballo gañador exposto no stand

Concurso previo nos centros de ensinanza

Como paso previo á presentación celebrouse un concurso entre os centros de ensinanza da cidade. Os  traballos   consistiron na elaboración  dunha maqueta elixindo un monumento do Concello de Monforte. Estas maquetas foron feitas usando como mínimo tres elementos de reciclaxe (latas, botellas, tetrabrik, papel/cartón, bolsas, etc).

O obxectivo do concurso era promover  a concienciación de recuperación dos residuos de selectiva entre os estudantes do Concello de Monforte de Lemos, de xeito cas xeracións presentes e futuras podamos axudar a mellorar a nosa calidade de vida  e sostebilidade dentro da nosa cidade.

O traballo gañador foi exposto en Madrid, no stand de Monforte de Lemos, durante o concurso no que se obtivo a “Escoba de Plata” 2012. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting