Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
27 - Maio - 2017  |  0:32:48
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Unha cidade limpa » Aproema 2012

APROEMA 2012


imagen...
APROEMA, Asociación Profesional de Empresas Medioambientales, convocou a súa primeira edición dos Premios Medio Ambiente APROEMA 2012. O obxectivo é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente, coa intención de impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades en mellora do medio ambiente mediante o recoñecemento público a un labor meritoria realizada nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia.  A entrega de premios foi o día 29 de Novembro de 2012 no Salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en Santiago de Compostela.

Ampliar Foto...
O premio concedido a Monforte
O Concello de Monforte de Lemos concurriu co proxecto titulado "SERVIZO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DE LIXO", e recibíu o premio "APROEMA REDUCE Y SELECIONA". 

O Concello implantou un novo sistema de recolleita de lixo convencido de que supoñería un punto de inflexión en mellora da calidade ambiental da cidade. Esta decisión forma parte dunha estratexia que ten como obxectivo facer de Monforte unha cidade sostible e limpa, baseándose en tres premisas fundamentais: xestión excelente dos recursos, aforro enerxético, e mellora da calidade de vida.

imagen...
O proxecto consiste en realizar a recolleita de lixo co sistema de cubeo, o que  supuxo eliminar 600 contenedores de superficie, evitando malos cheiros e vertidos.

O "cubeo" favorece a reciclaxe e a concesión do servizo contemplou o incremento e diversificación dos colectores de selectiva (vidro, papel-cartón, envases e pilas). Tamén se rexistra unha notable melloría en canto á limpeza viaria, tanto pola dotación de moderna maquinaria como pola frecuencia coa que se realiza. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting