Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Agosto - 2017  |  19:12:01
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Normativa e Consellos » Para andar pola rúa

Para andar pola rúa


Na medida do posible, procure non transitar por lugares solitarios ou pouco iluminados. 

Circule en sentido oposto á marcha dos vehículos, o máis afastado posible do bordo, situando o seu bolso ou carteira cara ao interior da beirarrúa, de maneira que poida evitar os tiróns.

Leve só o diñeiro necesario e distribúao nos seus petos. Evite levar o diñeiro no peto traseiro do seu pantalón.  

Cando se dispoña a utilizar os servizos dos caixeiros automáticos, observe antes ao seu ao redor por se houbese persoas sospeitosas que poderían apropiarse do diñeiro obtido á menor oportunidade.   

Se ten dúbidas respecto de determinadas persoas, non utilice o caixeiro nese momento, ou diríjase a outro que haxa preto. 

Preste unha especial atención á entrada ou saída dos transportes públicos. 

Evite as aglomeracións. Se alguén tropeza con vostede comprobe se lle quitaron a carteira. 

Cando vaia de compras, non se distraia. Observe con atención ás persoas próximas a vostede e non perda o contacto co seu bolso. 

Se sente perseguido indo no seu coche, toque o claxon constantemente para chamar a atención e diríjase a un Centro policial ou lugar concorrido. 

Gritar, pedir socorro, pode intimidar ao asaltante, así como atraer a atención doutras persoas. 

Observe as características esenciais do seu agresor (idade, estatura, cor de pelo, trazos do seu rostro, nacionalidade, acento ao falar, vestimenta, dirección da fuxida, vehículo utilizado, etc). 

Canto máis precisa sexa a súa información, maiores serán as posibilidades de localizar ao delincuente e recuperar os obxectos subtraídos. 

Se son varios os agresores, procure centrarse nun deles, o que teña máis próximo ou o que máis destaque. Isto servirá para descubrir posteriormente ao resto do grupo. 

Despois de cometerse o delito, se lle é posible, avise á Policía e explíquelles todo o que lembre. 

Mentres espera a chegada da Policía, anote as súas observacións. 

Non faga comentarios cos demais sobre o suceso, xa que poderían mesturarse coas súas propias impresións. 

Non coloque nin toque nada ata a chegada da Policía. Podería destruír involuntariamente as probas do delito.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting