Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Xullo - 2017  |  12:52:25
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Normativa e Consellos » Protección do vehículo

Protección do vehículo


imagen...
Se aparca na rúa, procure deixar o seu vehículo nun estacionamento vixiado ou, polo menos, en lugar ben iluminado.

Cando circule pola cidade, manteña as portas cos seguros botados. Evitará máis dun susto.

Instale un dispositivo de seguridade ou antirrobo.  Pode facer uso de barras metálicas axustadas ao volante desde os pedais.

Utilice cadeas de seguridade.  Se quere mellorar a seguridade do seu coche, coloque fechaduras especiais en portas e maleteiro. 

Instale un dispositivo electrónico de alarma que interrompa, ademais, a corrente eléctrica. 

Non recolla a descoñecidos na estrada.  

Cada vez que salga do seu coche, saque a chave de contacto, deixe o volante bloqueado e peche ben as portas, portelos e maleteiro. 

Procure non deixar obxectos de valor no interior do seu vehículo, nin cartóns de crédito, nin outros documentos importantes. 

É recomendable gravar nos cristais dos portelos e no parabrisas, o número de matrícula do seu coche. Existen fabricantes de automóbiles que ofrecen este servizo ao entregar o coche, e tamén, casas especializadas que se dedican a iso.

É importante que o depósito do combustible estea protexido por unha boa tapa con fechadura. Con iso non só impedirá que lle subtraian a gasolina senón tamén que, se utilizan indebidamente o seu coche, terán que abandonalo ao non poder enchelo.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting