Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  13:26:44
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Normativa e Consellos » Prevención dos timos

Prevención dos timos


imagen...
Non fale de negocios con descoñecidos.  

Nunca saque diñeiro do seu banco a requirimento de descoñecidos, aínda que lle ofrezan, aparentemente, un gran negocio.  

Non esqueza que na maioría dos timos interveñen dous ou máis delincuentes perfectamente concertados, pero aparentando descoñecerse mutuamente (o parvo e o listo). 

En calquera clase de contrato ou documento mercantil que lle ofrezan á firma, lea a letra miúda e observe atentamente todo o relacionado coa data, cantidades, selo e firma.  

Estes son os timos máis correntes:

O tocomocho, ou timo por que se fai crer á vítima que pode beneficiarse do cobro dunha participación premiada da lotaría. 

O timo da estampita, que consiste en facer pasar recortes de xornal por billetes de curso legal. 

O dos trileiros, realizado en rastros e verbenas, a base de tres naipes, vasos ou cascas de noz, consistente en descubrir onde se atopa unha carta ou se oculta unha bolita.

Timos en Internet

Teña coidado cós datos que facilita por Internet - en especial números e códigos de tarxetas de crédito e/ou débito, números de DNI e en xeral calquera dato que permita suplantar a súa identidade -.

Se fai operacións financieiras por Internet, valore estas posibilidades:

  • Utilice para identificarse un certificado dixital (ou DNI electrónico, se dispón del). 
  • Traballe con web's que ofrezan un protocolo de comunicación seguro (https://www.ejemplo.es).
  • Desconfíe de páxinas web que ofrezan "pesos a catro pesetas".    
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting