Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Maio - 2017  |  20:36:23
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Normativa e Consellos » Prevención da drogadicción

Prevención da drogadicción


imagen...
Aínda que a solución ao problema das drogas correspóndenos a todos, son os pais quen poderán coñecer, con maior facilidade, se os seus fillos iniciaron unha etapa en que a convivencia co seu ámbito cotián (relación familiar, colexio, amigos, etc) pode deslizarse por unha pendente perigosa na que as drogas aparezan como unha vía de escape.

Se o seu fillo é drogadicto, preste especial atención a estes consellos:

Manteña a calma e non se alarme. Non lle amoeste. Converse e gáñese a súa confianza.

Trate de coñecer a súa situación real e préstelle todo o seu apoio. Non lle condene sen escoitarlle.

Trate de conseguir que se volva a interesar por algo; mesmo, que lle axude no seu traballo. Calquera tarefa que se lle encomende, faralle sentirse útil.

Teña paciencia. Cambiar o seu comportamento non será fácil. Trate de estimularlle para iniciar a súa recuperación.

Póñase en contacto cos centros oficiais de orientación sobre toxicomanías que funcionen na súa localidade, provincia ou comunidade autónoma. Cando o mozo estea sometido a tratamento observe estritamente as indicacións do terapeuta e non ceda ás presións ás que o seu fillo lle someterá. Que atope un aliciente respecto do que pode obter da súa familia se el asume un papel activo na súa recuperación.

Na súa man tamén está, en colaboración con outros sectores sociais, que os seus fillos, e todos os seus, non se inicien no camiño da droga: Procurándolles un fogar acolledor.

Sempre é bo que os seus fillos teñan liberdade para convidar a casa aos seus amigos, e vostede poderá coñecer así os seus intereses, os seus problemas, os seus proxectos de futuro, etc.

Mantendo abertos as canles de comunicación cos seus fillos e respectando o seu enfrontamento co mundo que lles rodea. Non consumindo no fogar drogas legais (medicamentos, alcol, tabaco, etc) dunha forma que constitúa o recurso no que se afoga calquera problema.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting