Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Marzo - 2017  |  9:22:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Normativa e Consellos » Prevención no lugar de traballo

Prevención no lugar de traballo


imagen...
Todos debemos entender que a prevención do delito é tan importante no lugar de traballo como na propia vivenda.

Tanto se vostede é empresario, coma se é dependente, encargado, vendedor, comerciante, etc, debe tomar conciencia de que o delito lle vai a prexudicar na súa esfera patrimonial, sen esquecer o risco que leva. 

Os empresarios, directivos e patróns, deben asumir a responsabilidade de protexer aos seus empregados e de dotar aos seus establecementos das adecuadas medidas de seguridade. 

Os empregados (encargados, vendedores, secretarias, etc.) deben colaborar cos seus xefes na prevención da delincuencia, observando as medidas de seguridade adoptadas e comunicando as deficiencias que observen. Iso traducirase en beneficio para a empresa e para todo o persoal. 

Cada persoa debe responsabilizarse do seu traballo e procurar que o material estea protexido, prestando especial atención cara aos obxectos que poidan ser facilmente subtraídos. 

Os recepcionistas e o persoal de seguridade deben procurar controlar, en todo momento, aos visitantes e persoas externas que se atopen merodeando polas instalacións. Ante a mínima sospeita, deben chamar aos Corpos de Seguridade do Estado. 

O persoal de limpeza ocuparase, ao finalizar o seu traballo, de que todas as portas e xanelas queden convenientemente pechadas e as chaves colocadas no seu sitio, así como de avisar a quen corresponda acerca das posibles anomalías observadas no edifico.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting