Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Marzo - 2017  |  14:41:34
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Situacións de emerxencia

Situacións de emerxencia


O máis importante é conservar a calma.  En ocasións, a histeria colectiva ten provocado máis dano que o que puidese ocasionar o suceso. Lembre que unha actitude de serenidade pode, mesmo, salvarlle a vida.

Coidado co gas: Ante a menor sospeita dun escape

  • Abra portas e xanelas 
  • Xamais acenda un misto ou accione o interruptor da luz.  
  • Corte rapidamente a subministración de gas 
  • Avise á empresa subministradora. 

Incendios en edificios: Se se incendia o edificio onde se atopa vostede, non se precipite. 

  • Localice as saídas de emerxencia
  • Respire a través dun pano húmido
  • Avance cara á saída o máis agachado posible
  • Nunca utilice os ascensores.
  • Siga, en todo caso as indicacións dos bombeiros. 

Incendios forestais: Avise aos bombeiros ou á Garda Civil se observa un incendio forestal.  

Se se atopa atrapado nun bosque incendiado:

  • Fuxa das vaguadas e pendentes do monte. 
  • Procure localizar unha zona xa queimada ou unha corrente de auga.  
  • Se non hai máis remedio, cúbrase de terra.

Sobre todo, teña en conta estes consellos para a prevención de incendios forestais:

  1. Non arroxe cabichas acesas desde vehículos ou en paseos a pé.
  2. Non acenda lume no campo, salvo en lugares e tempo autorizado, e apague perfectamente os restos das fogueiras antes de abandonar o lugar. 

Zonas de baño:

Teña moito coidado ao elixir os lugares para o baño.  Procure bañarse en zonas vixiadas, observando as condicións da praia ou río, ondada e correntes. 

Se sente arrastrado por unha corrente, non tente nadar contra a mesma, senón en sentido paralelo á praia ou ribeira do río, ata que salga de dita corrente. Entón poderá alcanzar a beira con facilidade.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting