Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Outono - 2017  |  0:31:46
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Actos de terrorismo

Actos de terrorismo


Calquera persoa pode colaborar eficazmente na loita permanente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado contra o terrorismo. 

Solicitamos a súa importante axuda para terminar con esta secuela social:

Se ve ou escoita algo, en calquera lugar, que lle faga sospeitar sobre a existencia de terroristas, ou a preparación dun atentado, comuníqueo á maior urxencia á Garda Civil ou Policía. Garánteselle a máis absoluta reserva con respecto á súa comunicación. 

Se nalgún piso ou apartamento do edificio que vostede habita, nota moito movemento de persoas ou ruídos estraños, continuas ausencias dalgún veciño, entradas e saídas de xente descoñecida a algún piso, póñao en coñecemento da Policía ou da Garda Civil. 

Con esta axuda, poden salvarse vidas humanas.  

Se fose testemuña dun atentado, procure observar o máis detalladamente posible os trazos dos terroristas, vehículo utilizado e matrícula, dirección da fuxida, etc. 

Lembre sempre que axudando aos Corpos de Seguridade, está a axudarse a vostede mesmo, á súa familia e a toda a sociedade.

Se ten información sobre o exposto anteriormente, pode facilitala aos Corpos Policiais, coa garantía de que se respectará a súa identidade, se así o desexa, chamando a calquera hora do día ou da noite ao 091, ao 062 ou aos teléfonos da Comisaría de Policía ou Posto da Garda Civil que atopará no apartado sobre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (F.C.S.E.) no menú da esquerda desta páxina.  

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting