Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Abril - 2017  |  13:30:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Treboadas

Treboadas


Se a treboada sorpréndenos na casa: 

  • Non esquecer desconectar os aparellos eléctricos e a antena de TV.
  • Infórmese mediante receptor de radio a pilas.  

Se a treboada sorpréndenos no campo: 

  • Buscar zonas baixas evitando outeiros, cimas dos montes, árbores altas e pedras grandes e illadas. 
  • Non acubillarse nunca baixo unha árbore solitaria. 
  • Non convén tumbarse no chan. 
  • Non camiñar por vales profundos, son máis seguras as ladeiras dos montes. 
  • Non sente sobre nada mollado, os zapatos con solas de goma non son unha total garantía para a súa seguridade. 
  • Non leve obxectos metálicos cando haxa unha treboada eléctrica, e afástese das estruturas metálicas e dos valos.  

Lugares de seguridade: 

  • Vivendas protexidas con pararraios. 
  • Rúas protexidas por edificios próximos. 
  • Automóbiles.  

Deben evitarse: 

  • Pequenos edificios, celeiros, hangares,alpendres. 
  • Tendas de campaña. 
  • Automóbiles convertibles.

Son moi perigosos: 

  • Campos de golf, terreos deportivos e campo aberto. 
  • Pistas de tenis e aparcadoiros. 
  • Piscinas, lagos e costas marítimas.
  • Proximidades de cables aéreos, aramados e vías de ferrocarril. 
  • Maquinaria agrícola. 

Lembre:

Asegúrese unha radio e lanterna con pilas de reposto, así como ferramentas e o equipo necesario para apagar un incendio. 

As emisoras de radio e televisión facilítanlle información do Instituto Meteorolóxico e de Protección Civil. Préstelles atención. 

Non propague rumores ou informacións esaxeradas sobre a situación.    

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting