Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:40:48
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Vendavais

Vendavais


Ante un vendaval: 

Afástese de lugares baixos que poidan ser varridos polo mar ou os ríos. 

Asegure portas e xanelas, especialmente as exteriores. 

Abra unha das xanelas ou portas da súa casa, ao lado oposto ao que sopra o vento, para equilibrar presións.

Garde todos os obxectos que poidan ser levados polo vento tales como toldos, testos, mobles, etc., xa que poden converterse en armas destrutivas durante o vendaval. 

Non se protexa do vento en zonas próximas a muros, tapias ou árbores. 

Non salga da súa casa ou refuxio durante o vendaval, polo perigo de desprendemento de cornixas ou outros materiais. 

Se traballa nun edificio de oficinas, diríjase ao soto ou a algún corredor interior do piso baixo. 

Non viaxe, porque estará en perigo de ser alcanzado por cascallos desprendidos, arrastrados polo vento; atopar estradas alagadas, etc. 

Se se atopa viaxando non quede dentro do seu coche, refúxiese en lugar seguro. 

Non toque cables nin postes do tendido eléctrico. 

Faga reserva de auga potable así como de lanterna e un equipo de radio con pilas de reposto para ambos.   

Lembre:

As emisoras de radio e televisión facilitaranlle información do Instituto Meteorolóxico e de Protección Civil. Préstelles atención.

Non propague rumores ou informacións esaxeradas sobre a situación.   

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting