Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Marzo - 2017  |  14:40:05
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Terremotos

Terremotos


Antes dun terremoto: 

En primeiro lugar, por se acontece o terremoto, expor como reaccionarían vostede e a súa familia; revise detalladamente os posibles riscos que poidan existir no seu fogar, en casa de amigos, no traballo, etc. 

Ensine aos seus familiares como cortar a subministración eléctrica, de auga e gas. 

Manteña ao día a vacinación de todos os membros da súa familia. 

Aseguren ao chan ou paredes as conducións e bombas do gas, os obxectos de gran tamaño e peso, andeis, etc., e fixe os cadros á menor altura posible. 

Teña a man unha lanterna e un transistor, así como pilas de reposto para ambos, mantas, e cascos ou gorros acolchados, para cubrirse a cabeza. 

Almacene auga en recipientes de plástico, e alimentos duradeiros.    

Durante o terremoto: 

A primeira e primordial recomendación é a de manter a calma e estendela aos demais. 

Mantéñase afastado de xanelas, espellos, cadros e chemineas. 

En caso de perigo, protéjase debaixo dunha mesa, escritorio, cama ou dintel de portas; calquera protección é mellor que ningunha. 

Se está nun gran edificio non se precipite cara ás saídas, xa que as escaleiras poden estar congestionadas de xente.    

Si está fóra, manténgase afastado dos edificios altos, postes de enerxía eléctrica e outros obxectos que lle poidan caer encima. 

Diríjase a un lugar aberto.

Non utilice os ascensores; a forza motriz pode interromperse. 

Se vai conducindo, pare; non esqueza que o terremoto só dura uns segundos.       

Despois do terremoto: 

Non trate de mover indebidamente aos feridos con fracturas, a non ser que haxa perigo de incendio, inundación, etc. 

Se hai perdas de auga ou gas, peche as chaves de paso e comuníqueo á compañía correspondente. 

Non acenda fósforos, chisqueiros ou artefactos de chama aberta, en previsión de que poida haber escapes de gas. 

Limpe urxentemente o derrame de medicamentos, pinturas e outros materiais perigosos. 

Non ande por onde haxa vidros rotos, cables de luz, nin toque obxectos metálicos que estean en contacto cos cables. 

Non beba auga de recipientes abertos sen examinala e pasado por coladores ou filtros correspondentes. 

Non utilice o teléfono, xa que se bloquearán as liñas e non será posible o seu uso para casos realmente urxentes.

Non ande nin circule polos camiños e estradas paralelas á praia, xa que despois dun terremoto poden producirse maremotos.

Infunda a máis absoluta confianza e calma a todas cantas persoas teña á súa ao redor. 

Responda as chamadas de axuda da policía, bombeiros, Protección Civil, etc.     

Lembre: 

As emisoras de radio e televisión facilitaranlle información do Instituto Meteorolóxico e de Protección Civil. Préstelles atención. 

Non propague rumores ou informacións esaxeradas sobre a situación. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting