Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xullo - 2017  |  8:34:48
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Qué facer en caso de ... » Seca

Seca


Revise o estado das tubaxes, para evitar as perdas por avarías. 

Peche lixeiramente as chaves de paso da súa vivenda para diminuír o caudal que sae polas billas. 

Almacene auga e faga provisión de líquidos sustituibles: augas minerais, refrescos, etc. 

Aforre consumo nos labores de limpeza do fogar e de utensilios. 

Só utilice a lavadora e o lavalouzas cando estea completa a carga. Procure recuperar a auga das mesmas e empregar en usos que non sexan de posible contaxio. 

Evite regar as plantas e xardíns.

Os labores de hixiene e aseo persoal deben coidarse especialmente procurando non ter a billa aberta constantemente; o lavabo pódese utilizar taponando o desaugadoiro, sendo suficiente cunha terceira parte da súa capacidade. 

É preferible ducharse a bañarse, e dúchese abrindo a billa só cando se proceda a eliminar o xabonado. 

É conveniente usar o inodoro só por motivos imprescindibles. Podería introducirse botellas ou similares na cisterna, para reducir a súa capacidade e aforrar consumo.   

Evite os exercicios físicos que causen gran fatiga e sudoración. 

Coide os seus ollos, pois poden verse afectados por unha atmosfera seca. 

Se a auga que consome non é de subministración controlada, nin envasada, férvaa durante quince minutos antes de bebela. 

Vixíe o perfecto estado de conservación e hixiene dos seus alimentos. 

A auga do lavabo, da vaixela e outros utensilios de cociña, debe ser tan segura como a bebida.

A seca afecta a todos os sectores en xeral (Poboación, Agricultura, Gandaría, Industria, Servizos sanitarios, turísticos e sociais) dunha forma negativa. 

As cidades sofren grandemente a escaseza de auga, debido á concentración de poboación e aos altos consumos producidos polas industrias e servizos. 

Debe intensificarse a cloración da auga en piscinas e lugares proclives a sufrir contaminación. 

Non se bañe en lugares onde a auga poida estar contaminada. 

As autoridades velarán en todo momento pola salubridade pública establecendo, en cada caso, as correspondentes axudas e controis epidemiolóxicos.    

Riscos: 

  • Falta de auga potable e de rega. 
  • Propagación de enfermidades. 
  • Desecación de terras e zonas húmidas. 
  • Alteración de flora e fauna con redución da produción agrícola. 
  • Pouca dispoñibilidade de auga para usos industriais.  

Distintas situacións de seca, segundo graos de alerta e alarma: 

  • Situación normal, con previsión de pasar a situación azul nun prazo comprendido entre 10 e 20 días. 
  • Situación na que se requiren medidas de redución de subministración de auga á poboación sobre o consumo normal e establécense controis sanitarios. 
  • Situación na que se establecen inmediatamente restricións de abastecemento de auga do 50% sobre o consumo normal, como mínimo, e controis sanitarios de prevención de epidemias, tanto para a poboación como para a gandaría. 
  • Situación que obriga á subministración de auga mediante recursos alleos ás localidades afectadas, adoptando medidas sanitarias sobre a poboación e gandaría.  

Lembre: 

As emisoras de radio e televisión facilítanlle información do Instituto Meteorolóxico e de Protección Civil. Préstelles atención.   

Non propague rumores ou informacións esaxeradas sobre a situación. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting