Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
30 - Marzo - 2017  |  14:47:14
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Protección Civil » Organización e funcionamento

Organización e funcionamento


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos, no exercicio das súas competencias en materia de protección civil, conta cunha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, creada no mes de abril do ano 1998 co número de rexistro 159, e que na actualidade consta de 42 membros con carné de voluntario en activo.

O Concello de Monforte regula e organiza o funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para a súa implicación nos servicios básicos de prevención e intervención en emerxencias. Así, este Concello conta con 1 vehículo todoterreo (Nissan Patrol con matrícula C-9731-BL, e data de matriculación o 9 de agosto de 1995) destinado ó desenvolvemento de tarefas relacionadas coa protección civil.

Ampliar Foto...
Estrutura AVPC Monforte

Segundo os datos que constan na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte, así como os datos facilitados polo Centro de Atención de Emerxencias 112Galicia, ao longo dos últimos anos e ata a actualidade esta Agrupación ven prestando o seu servicio en apoio e colaboración cos Corpos e Forzas de Seguridade e co Concello de Monforte en numerosas intervencións e operativos de diversa índole: 

Colaboracións en accidentes

  • Excarceración e protección dos accidentados
  • Regulación do trafico
  • Sinalización e apoio sanitario

Intervencións en incendios

imagen...

  • Incendios urbanos
  • Incendios forestais
  • Outros incendios (contedores, vehículos,etc.)

Intervencións varias

imagen...

  • Busca de persoas desaparecidas
  • Apoio ós servicios sanitarios
  • Colaboración coas Forzas de Seguridade
  • Animais feridos e/ou mortos en estradas
  • Derrames e verquidos 

Operativos de Protección Civil

Principalmente de carácter deportivo e lúdico-festivo, en apoio ao Concello de Monforte de Lemos.

Operativos de formación dos voluntarios

imagen...
 

Nos que se realizan cursos organizados pola Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia de diferentes niveis:

  • Básicos
  • Segundo Nivel
  • Especialización
  • Xornadas prácticas 
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting