Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Setembro - 2017  |  0:23:00
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Protección Civil » Histórico de sucesos

Histórico de sucesos


Ó longo dos anos, o Concello de Monforte de Lemos tense visto afectado por diferentes sucesos derivados dos riscos ós que está sometido debido ás súas condicións xeográficas, atmosféricas, tecnolóxicas, medioambientais, ... e que están relacionados coa protección civil.

Algúns sucesos, principalmente os ligados ás condicións atmosféricas, como inundacións, olas de frío ou secas, maniféstanse superando os umbrais mínimo e máximo de alerta establecidos para unha situación de normalidade dos fenómenos de precipitacións e temperatura. Estes fenómenos atmosféricos, xeralmente presentan un comportamiento cíclico, polo que os seus valores límite soen ter perídodos de retorno de entre 20 e 50 anos.

Algo parecido, pero con maior período de retorno (100, 500, 1000 anos), ocorre cos sismos, xa que as capas máis superficiais da Terra están fragmentadas en placas que se atopan en continuo movemento sobre o manto terrestre fluido, dando lugar a actividade sísmica nos bordes das mesmas de xeito ocasional.

Outros sucesos, tales como incendios ou accidentes con mercadorías perigosas, poden producirse en base á confluencia de certas condicións ambientais, atmosféricas e xeográficas, pero tamén poden ter unha orixe antrópica. 

Nos epígrafes desta sección do menú da esquerda, pode ver os sucesos máis relevantes acaecidos nos últimos 10 anos.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting