Ano 2000, xullo
Un incendio orixinado o día 21 nun vertedorio arrasou centos de hectáreas de superficie na parte norte de Monforte despois de estar activo durante máis de 24 horas. Foi necesario cortar o tráfico na estrada N-546, que comunica Monforte con Lugo, debido ó avance dos frentes por ambas marxes en dirección ó concello de Bóveda.