Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:43:56
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Asociacións lúdicas

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS PARA ACTIVIDADES REALIZADAS NO EXERCICIO 2017


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos pretende apoiar e incentivar as actividades desenvolvidas por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Municipio de Monforte de Lemos  que se atopen inscritas no rexistro de asociacións, para  as actividades a desenvolver no exercicio 2017.
 
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar programas, proxectos ou actividades culturais, lúdicas, recreativas ou formativas de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
 
En concreto a finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2017.
 
Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.
 
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as asociacións legalmente constituídas que desenvolvan actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo, que tendo domicilio social, sede ou representación no Concello de Monforte de Lemos cumpran, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no art. 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os requisitos contidos nas BASES que se poden descargar no apartado Documentación adicional. Nas mencionadas BASES se inclúen os FORMULARIOS de solicitude das subvencións.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting