Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Marzo - 2017  |  17:03:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións » Concurrencia » Asociacións sociais

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2016


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos convoca aconcesión de subvencións a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro municipal de asociacións para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais  no exercizo 2016.

Esta convocatoria pública ten por obxecto regular o procedimento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva  para a  realización de actividades e execución de proxectos no ámbito dos servizos sociais por parte de entidades e asociación sen ánimo de lucro. As axudas outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. Terán carácter voluntario e eventual e non serán invocables como precedente.

En concreto, a finalidade destas axudas será contribuír ó financiamento de actividades e proxectos de interese social desenvolvidos por entidades e asociación sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos executados durante o exercizo 2016. Deste xeito,o Concello de Monforte de Lemos pretende fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro municipal de asociacións atendendo ó seu interese social,calidade,carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.

No apartado Documentación adicional. podense descargar as BASES da convocatoria, nas que se inclúen os FORMULARIOS de solicitude das subvencións.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting