Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Febreiro - 2017  |  21:03:28
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Subvencións

Subvencións


imagen...

Como xa dixemos, a subvención consiste na entrega dunha cantidade de diñeiro pola Administración, a un particular, organización, entidade, etc., sen obrigación de reembolsarlo, para que realice certa actividade que se considera de interese público. Como técnica de intervención administrativa, pertence ao conxunto de instrumentos propios da actividade de fomento.

A subvención crea unha relación xurídica que vincula á Administración e ao beneficiario. O beneficiario ten, cumpridas as condicións legais, un dereito para recibir a subvención, obrigándose en consecuencia a realizar a actividade beneficiada. A Administración, que está obrigada a entregar as sumas pertinentes, reserva para si un feixe de potestades:
  • Fiscalización e inspección da actividade beneficiada.
  • Revogación fronte ao incumprimento do beneficiario.
  • Disciplina de tal actividade, en virtude da cal pode impoñer sancións pola infracción.
No cadro de menú da esquerda posese acceder aos dous tipos de subvencións que ofrece o Concello de Monforte de Lemos:
 
Nominativas: As previstas nominativamente nos Orzamentos Xerais do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nos termos recolleitos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.
Concorrencia competitiva: Levase a cabo a través dun sistema de comparación das solicitudes presentadas a fin de elixir as que maior valoración conseguisen, de acordo cos criterios prefijados na convocatoria. De tal maneira que o que máis puntuación obtén, máis posibilidades e máis contía de subvención se lle concede.
Concorrencia non competitiva: Concédense as subvencións atendendo á orde de chegada das solicitudes ou se realiza unha repartición proporcional entre todas as solicitudes.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting