Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:35:03
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Axudas » Pobreza enerxética

Axudas pobreza enerxética


imagen...
Os poderes públicos garantirán non só o dereito ó uso dunha vivenda digna senón tamén o acceso ás subministracións básicas de enerxía das persoas e unidades familiares en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social. De acordo co anterior, o Sistema Galego de Servizos Sociais contempla dentro do seu Catálogo de Servizos prestacións económicas que teñen como finalidade, entre outras, paliar situacións transitorias de necesidade. Así mesmo as Corporacións Locais, e en concreto, o Concello de Monforte de Lemos, asomen as prestacións e axudas non periódicas en situacións de necesidade, como se establece no Art. 52.2 da Lei 7/1985, de bases de réxime local mediante a súa Ordenanza reguladora de urxencia social publicada no BOP. de Lugo do 11/03/2009.
 
Neste senso ponse de manifesto a dificultade nos últimos anos dos fogares a nivel enerxético para cubrir as súas necesidades básicas de calefacción, iluminación, auga quente sanitaria, etc. o que se coñece como pobreza enerxética. De forma xeral ,a pobreza enerxética vén dada por unha combinación de tres factores definidos na escala do fogar: renda familiar, prezo da enerxía e eficiencia enerxética da vivenda. Deste xeito ,as causas fundamentais que xeran esta situación son o baixo nivel de renda,a calidade insuficiente da vivenda e prezos elevados da enerxía levando como consecuencias mais inmediatas no benestar das persoas e familias a existencia de temperaturas inadecuadas na vivenda, incidencias na saúde física,o risco de endebedamento e a perda da subministración.  
 
O Concello de Monforte de Lemos, consciente do incremento producido nos últimos anos no número de fogares en situación de pobreza enerxética e sensible á problemática de exclusións residencial e social xerada pretende apoiar ás familias en situación de vulnerabilidade social ou risco de exclusión social a través dunha medida específica de axudas enmarcada  dentro do Programa básico de inclusión social dos servizos sociais comunitarios, orientada  á prevención e redución da pobreza enerxética tendo en conta que as medidas adoitadas por outras Administracións e outros organismos son a miúdo insuficientes  ou non dan unha resposta inmediata a situacións de necesidade que requiren dunha celeridade na súa tramitación.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting