Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
27 - Maio - 2017  |  0:31:29
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Subvencións e axudas » Axudas » Transporte universitario

AXUDAS Ó TRANSPORTE DO ALUMNADO UNIVERSITARIO E DE CICLOS DE FORMACIÓN DESTE MUNICIPIO CORRESPONDENTES Ó CURSO ACADÉMICO 2016/2017


imagen...

Estas axudas teñen por obxecto rexer o concurso para a concesión de axudas para os gastos de transporte público Lemos ás distintas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia do alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte de, así como os do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte de Lemos, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, e sempre que se trate de desprazamento dentro da Comunidade Autónoma.

Concretamente os gastos de transporte público do curso 2016/2017 do seguinte alumnado:

  1. Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e ensinanzas universitarias conducentes a títulos de Licenciados ou Diplomados, empadroado no concello de Monforte de Lemos.
  2. Alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato empadroado no Concello de Monforte de Lemos que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio.  

No caso dos menores se entenderá como beneficiario o pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a.

No apartado Documentación adicional. podense descargar as BASES da convocatoria, nas que se inclúen os FORMULARIOS de solicitude das axudas.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting