Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Abril - 2017  |  17:46:40
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M. Rehabilitación » Rexistro de Profesionais

Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación


Debido á demanda de varios/as propietarios/as de inmobles do casco histórico  solicitando contactos de profesionais para levar a cabo obras de rehabilitación e co fin de atender esas peticións e de dar a coñecer ós profesionais do sector da rehabilitación de forma obxectiva, elaborarase esta listaxe ou rexistro.

Con esta listaxe tamén se pretende potenciar e facer máis visibles ás empresas e profesionais do sector da rehabilitación en Monforte, así como a aqueloutros que tiveran participado na execución dalgunha obra de rehabilitación dentro do conxunto histórico da cidade.

Esta listaxe porase a disposición de calquera persoa que a demande.

Para que os/as diferentes profesionais figuren neste rexistro deben cumprir as seguintes condicións:

  • Ser profesionais do campo da rehabilitación con domicilio social en Monforte, ou ter realizado algunha obra dentro do casco histórico desta cidade.
  • Todas as persoas inscritas autorizarán á Oficina de Rehabilitación a facer públicos e facilitar os seus datos de contacto a quen o demande.

Para inscribirse neste rexistro de profesionais do sector da rehabilitación de vivendas, as persoas interesadas deberán cubrir un sinxelo modelo de solicitude no que farán constar datos profesionais e da súa empresa, así como aqueles referidos ós diferentes contactos (teléfono, dirección, correo electrónico).

O modelo de solicitude adxúntase a esta información e tamén estará á súa disposición na Oficina Municipal de Rehabilitación.

Para máis información deben dirixirse á
Oficina Municipal de Rehabilitación,
“Edificio das Casiñas” Campo da Compañía s/n.
Tlf. 982 40 13 14.
Correo electrónico: oficinarehabilitacion@concellodemonforte.com
 


Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting