Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  4:32:59
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M. Rehabilitación » Programas

Programa de Vivendas Baleiras do Concello de Monforte de Lemos


imagen...

O Concello de Monforte de Lemos pon en marcha o Programa de Vivendas Baleiras, unha medida destinada, por unha banda, a impulsar o aluguer de vivendas baleiras de particulares situadas no termo municipal do Concello e por outra, a favorecer o acceso a unha vivenda en réxime de aluguer de persoas e familias con dificultades para acceder a unha vivenda .

O programa  desenvolvese en dúas liñas:

  1. Propietarios de vivendas que se atopen desocupadas que voluntariamente queran poñela a disposición para o seu arrendamento dentro do marco do Programa e cumpran os requisitos establecidos. As vivendas incorporadas o programa poderán beneficiarse de determinadas garantías a través dun seguro multirisco do fogar, quedando cubertos todos os danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamentoe un seguro de garantía de cobro de rendas impagadas polos arrendatarios, no seu caso.
  2. Persoas demandantes de vivenda . Aquelas persoas ou unidades familiares que reúnan os requisitos establecidos poderán solicitar unha vivenda en réxime de arrendamento incorporadas o Programa, beneficiándose dunha renda de aluguer  non superior o 30% dos seus ingresos.

imagen...
PRAZO DE INCORPORACIÓN O PROGRAMA: O prazo para a incorporación o programa tanto de particulares como demandantes de vivenda permanecerá aberto durante todo o ano.

DOCUMENTACIÓN: No apartado Documentación adicional, o pé destas liñas, pode atopar tanto as bases reguladoras do programa como os distintos impresos de solicitude.

imagen...
Oficina de Rehabilitación Concello de Monforte de Lemos

Casitas da Compañía,s/n. Teléfono: 982 401314   Mail: oficinarehabilitacion@concellodemonforte.com


Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting