Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Outono - 2017  |  5:22:50
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
P.E.P.R.C.H. » Ampliación de prazo

Ampliación de prazo de consulta


Ampliación prazo de exposición pública da aprobación inicial do P.E.P.C.H.A.

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18/06/2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, acordou, na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, aprobar inicialmente o Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade “Oficina de Planeamiento, S.A.” en virtude do servizo contratado polo Concello, e sometelo a información pública polo prazo de dous meses, de acordo co establecido no art. 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Dito prazo de dous meses remata o 3 de outubro de 2017, dado que o anuncio ao respecto foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 3 de agosto de 2017.

Dado que dito prazo é mínimo segundo a norma citada, sen prexuízo do prazo que resulta para os interesados que reciben a notificación regulamentaria persoal, a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2017, acordou AMPLIAR EN DOUS MESES –ATA O 4 DE DECEMBRO DE 2017- O PERÍODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE MONFORTE DE LEMOS.

 
Para consultar os documentos do plan ou descargar o impreso de alegacións, faga clic aquí

Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting