Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Agosto - 2017  |  17:08:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
P.E.P.R.C.H. » Descrición e Consulta de documentos

Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico


Na parte inferior en Documentación  Adicional poden consultar e descargar a documentación do plan Plan Especial e o impreso co modelo para presentar alegacións ao mesmo. Cada un dos documentos que compoñen o Plan leva na primeira páxina a dilixencia correspondente ao feito da súa aprobación inicial que se menciona no parágrafo seguinte. O Modelo de alegación, tamén pode descargalo facendo clic aquí.

Ampliar Foto...

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18/06/2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, adoptou na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, o acordo que na parte dispositiva di o seguinte:

PRIMEIRO.- Proceder á aprobación inicial do Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade “Oficina de Planeamiento, S.A.” en virtude do servizo contratado polo Concello.

SEGUNDO.- Someter a información pública polo prazo de dous meses, de acordo co establecido no art. 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web municipal e nos xornais de maior difusión na provincia e que se notificará ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados; e solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivos.

TERCEIRO.- O acordo de aprobación inicial determinará, por si só, a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no conxunto do ámbito do Plan Especial. De acordo co establecido no art. 86.3 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a suspensión de licenzas non afectará:

a) Ás obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) Ás licenzas de primeira ocupación.

c) Aos proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e o Plan Especial aprobado inicialmente.

d) Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contando desde a aprobación inicial de Plan Especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.”

ALEGACIÓNS: Se desexa presentar alegacións ao Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte de Lemos, facilitamoslle ao pe destas liñas un modelo de impreso para facelo.


Rexistro de profesionais do sector da rehabilitación
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting