Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Novembro - 2017  |  8:35:47
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
OMIX » ¿Qué tramitamos?

Tramitacións que se fan na OMIX


Carnés

Carné Xove (Se queres mais información fai clic aqui)  

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Carné de alberguista (Se queres mais información fai clic aqui)   

O carné de alberguista está recoñecido internacionalmente e é válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Calquera persoa pode optar a facerse un: os menores de 30 dentro da categoría xove, e os maiores na categoría de adulto. Para a expedición destes carnés só é necesario a presentación do DNI ou pasaporte e o abono do seu importe. Os carnés expéndense en Puntos de Información Xuvenil e en albergues.

Existen diferentes tipos: Xove, adulto, grupo, familiar, estranxeiros...

Carné de estudante internacional (STUDENT - ISIC) (Se queres mais información fai clic aqui)   

O Carné de Estudante Internacional (ISIC) é o pasaporte perfecto para obter servizos e descontos en todo o mundo.
O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente e os seus posuidores son membros dun clube global. Cada ano máis de 4.5 millóns de estudantes de 120 países utilizan o seu carné de estudante para aproveitar ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo.

Carné de profesor internacional (TEACHER - ITIC) Se queres mais información fai clic aqui)   

Se neste intres estás traballando como profesor a tempo completo, podes desfrutar dos descontos co Carné Internacional de Profesor (International Teacher Identity Card).

Carné internacional para non estudantes (IYTC) (Se queres mais información fai clic aqui)   

Calquera persoa maior de 12 anos e menor de 26 anos pode conseguir un carné xoven internacional para non estudantes (International Youth Traveller Card) que aporta descontos á mocidade dende billetes de avión ata entradas de cine.

Carné (Bono) universitario (Se queres mais información acude á OMIX)   

Dirixido a aqueles estudantes que estando empadroados neste concello, realizan os seus estudos en calquera universidade galega.

Programas

Programas ou actividades programadas pola Consellería de Familia e Xuventude, como por exemplo:

  1. Programas correspondentes á oferta realizada tanto polo Concello de Monforte de Lemos como por outras administracións públicas (Deputación, Xunta, A.G.E., etc)
  2. Campamentos de Verán e Campos de Traballo, sobre os que ademáis de informar, tramitamos a documentación dos interesados en participar nos mesmos.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting