Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Setembro - 2017  |  0:22:47
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Aula Municipal de Teatro

Aula Municipal de Teatro


Ampliar Foto...
Conta co patrocinio da Deputación de Lugo (Vicepresidencia Primeira) e está dirixida a todas aquelas persoas ás que lle chame a interpretación.

O día 19 de febreiro ás 20:30 horas no Edificio Multiusos celebrarase unha reunión coas persoas inscritas para definir horarios e contidos da citada Aula.

INSCRICIÓN

Esta actividade é totalmente GRATUITA.

Para tomar parte nesta experiencia é necesario inscribirse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas Casitas da Compañía.

A inscrición tamén pode realizarse chamando ó teléfono 982 875 126 ou a través do formulario que pode atopar na Documentación Adicional o pé destas liñas.

Ampliar Foto...

QUE É O TEATRO?

O término teatro procede do grego theatrón, que pode traducirse como o espazo ou o sitio para a contemplación.

O teatro forma parte do grupo das artes escénicas. O seu desenvolvemento está vencellado con actores que representan unha historia ante unha audiencia. Este arte, polo tanto, combina diversos elementos, como a xestualidade, o discurso, a música, os sons e a escenografía.

Por outra parte, o concepto de teatro utilizase para nomear o xénero da literatura que abarca aqueles textos pensados para a sua representación en escea, e tamén o edificio onde se representan as pezas teatrais.

A práctica teatral está formada por un todo que non pode dividirse. É posible, nembargantes, distinguir tres elementos básicos:

  • O texto (aquelo que din os actores)
  • A dirección (as ordes que dita o responsable da posta en escea) 
  • A actuación (o proceso que leva a un actor a asumir a representación dun personaxe).

A estes compoñentes pódense engadir outros elementos moi importantes, como o vestiario, o decorado ou o maquillaxe.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting