Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xullo - 2017  |  8:30:25
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Consellos

Consellos


imagen...

PENSAR: evite actuar por impulso ou por influencia da publicidade e non teña présa en realizar as súas compras ou en contratar servizos. Analice as súas necesidades e sexa consciente do orzamento dispoñible.

INFORMARSE: antes de adquirir un produto ou contratar calquera servizo, infórmese sobre as condicións para a súa adquisición ou utilización. Compare produtos e servizos para realizar unha mellor elección.

ELIXIR: para unha maior confianza e seguridade na resolución das súas reclamacións confíe nos establecementos adheridos á Arbitraxe de Consumo, de entrada é un bo sinal.

imagen...

ORZAMENTOS: pida orzamento por escrito antes de comprar un ben ou de contratar un servizo e garde sempre unha copia.

PREZOS: os prezos son libres. Para unha mellor elección compare o prezo dos bens e servizos en diferentes establecementos antes de tomar unha decisión.

CONTRATOS: lea todos os contratos antes de asinalos e garde as copias. Nunca firme un contrato ou unha solicitude con espazos en branco e asegure as condicións dos mesmos con claridade.

FACTURAS: solicite sempre unha factura ou ticket de compra. Comprobe que inclúe os datos do establecemento e que figura a data de entrega e gárdea.

imagen...

GARANTIAS: pregunte sempre antes de comprar ou contratar sobre a posibilidade de devolución ou anulación. Pida a garantía por escrito e debidamente selada cando adquira un produto ou contrate un servizo.

PUBLICIDADE: a publicidade sobre prezos, usos e características do produto debe ser clara e precisa. Esixa o seu dereito a unha información veraz e suficiente sobre os produtos que compra e os servizos que contrata. Non esqueza que todo o ofertado é esixible.

RECLAMACIÓNS: se considera que existiu algún problema, presente unha reclamación. Pode vostede solicitar a folla de reclamacións no propio establecemento ou acudir a unha asociación de consumidores ou á OMIC.

ASOCIESE: valore a posibilidade de facerse socio dunha asociación de consumidores. Disporá dunha defensa eficaz dos seus dereitos, un maior acceso á información e participará vostede na defensa colectiva dos dereitos dos consumidores e usuarios.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting