Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Marzo - 2017  |  17:09:15
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Qué é a OMIC

Oficina Municipal de Información ao Consumidor


Logotipo da OMIC
Logotipo da OMIC

Que é a OMIC (Oficina Municipal de Información o Consumidor)?

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un departamento do concello que ten como misión principal a de protexer e defender os dereitos en materia de consumo dos cidadáns, e faino a través de:

  • A información e orientación aos consumidores e usuarios.
  • tramitación daquelas reclamacións e denuncias que se presenten en materia de consumo.
  • mediación nos conflitos que poidan xurdir como consecuencia das reclamacións presentadas. 

imagen...

Quen se considera consumidor ou usuario?

Conforme ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 que aproba o Texto Refundido da Lei de Consumidores e Normativa Complementaria:

Son consumidores ou usuarios as persoas físicas ou xurídicas que actúan nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional. 

Non terán a consideración de consumidores finais os que, sen constituírse en destinatarios finais, compren, almacenen, utilicen ou consuman bens ou servizos co fin de integralos en procesos de produción, transformación, comercialización ou prestación a terceiros. 

Nesta sección poderá atopar información, consellos e consideracións á hora de realizar as súas compras ou reclamacións, así como os datos de contacto da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, a cal presta unha atención gratuíta para os cidadáns.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting