Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Setembro - 2017  |  22:40:00
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Información » Deberes dos consumidores

Deberes dos consumidores


Os deberes dos consumidores a diferenza dos dereitos non están lexislados, pero podemos expresalos do seguinte xeito:

Para o exercicio adecuado dos seus dereitos o consumidor debe ser consciente de que debe adoptar unha serie de cautelas, que poderiamos chamar tamén responsabilidades, e que de non seguilas pode verse prexudicado.

Estas son as máis importantes:

  1. Gardar os documentos acreditativos das compras e das operacións realizadas incluíndo publicidade, tickets, follas de pedido, albarás, xustificantes de depósito, facturas, etc. Estes documentos son a proba de realizar un acto de consumo e das condicións en que se produciu.
  2. Non subscribir contratos que impliquen un desembolso económico importante sen  asesorarse e sobre todo sen ler detidamente o seu contido.
  3. Se recibe ofertas comerciais no seu domicilio mediante visita persoal ou por teléfono non acepte sen reflexionar e estudar debidamente  dita oferta. É conveniente solicitar a información escrita ou por soporte electrónico.
  4. Esixa sempre documento xustificativo das operacións realizadas.
  5. En caso de conflito solicite as Follas de Reclamacións
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting