Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Agosto - 2017  |  19:20:11
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Información » As follas de reclamacións

As follas de reclamacións


Existen uns formularios chamados Follas de Reclamacións, que debe estar presente en todas as empresas establecidas en Galicia.

A forma de utilización das mesmas é a seguinte:

A folla de reclamacións preséntase en papel copiativo con tres follas por cada reclamación: unha para o consumidor, outra para o reclamado e unha terceira para a Administración.

Ademais dunha expresión sinxela e clara dos feitos reclamados, non esqueza consignar correctamente os seus datos persoais, especialmente o seu domicilio, para poder recibir por parte da empresa unha contestación por escrito á súa reclamación, así como os propios datos da empresa, -que debe facilitarllos o establecemento-, para que a administración poida identificar correctamente á empresa.

Para deixar constancia no establecemento da reclamación, a folla debe ser cuberta no propio establecemento e unha vez cuberta debe entregar alí a copia para o reclamado (copia de cor rosa). Leve as outras dúas copias.

Entre os datos que conterá a folla de reclamación atópanse os seguintes:

  1. Nome, apelidos, enderezo e teléfono do reclamante.
  2. Nome, enderezo e teléfono da empresa ou persoa contra a que se reclama.
  3. Feitos obxecto da consulta, queixa ou reclamación.
  4. Solicitude que se realiza: envío de información, cambio do produto, devolución do diñeiro, reparación do defecto, etc.
  5.  Documentos acreditativos: copia de facturas, contratos, documentos que asinase, etc.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting