Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Setembro - 2017  |  22:39:05
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Información » Cómo fago unha consulta?

Cómo fago unha consulta?


Todos os cidadáns de Monforte de Lemos, e aqueles que non sendo do municipio teñan un problema cunha empresa do mesmo poderán realizar consultas dirixíndose á Area de Consumo do Concello.

Pode facelo do seguinte xeito:

Presencialmente ou por teléfono: consulte os datos ao respecto no enlace Contacto desta mesma sección. Nel atopará os horarios de atención do departamento, o enderezo a onde debe de dirixirse (se quere vir persoalmente) e os teléfonos a onde debe de chamar (se prefire este medio de comunicación) 

Por correo electrónico: no mesmo enlace anterior (Contacto) ten un formulario que pode cubrir cos seus datos e envialo ao Departamento de Consumo do concello pulsando o botón da parte inferior. Se utiliza este medio non esqueza indicar o seu teléfono e/ou o seu enderezo de correo electrónico, xa que serán os modos que se empregarán para poñerse en contacto con vostede unha vez recibida a súa comunicación. Pregámoslle tamén que se emprega este formulario describa no cadro inferior do mesmo o motivo da comunicación (será de axuda para afrontar o problema). Non se preocupe se o ve pequeno, aumentará a medida que vostede escriba. 

IMPORTANTE: O feito de poñerse en contacto co Departamento de Consumo do concello por calquera dos medios descritos NON SUPÓN A INTERPOSICIÓN DUNHA DENUNCIA OU RECLAMACIÓN. Lembre que simplemente se trata dunha consulta, ou dunha posta en coñecemento duns feitos, pero en ningún caso dunha DENUNCIA FORMAL.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting