Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Abril - 2017  |  13:30:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
O.M.I.C. » Información » Denuncias e reclamacións

Denuncias e reclamacións


Denuncias

Calquera persoa que teña coñecemento dalgún feito que poida ser constitutivo de vulneración á normativa de consumo poderá formular denuncia e esta podería dar lugar á incoación do correspondente expediente sancionador. Debe saber, non obstante que a decisión de incoar o devandito procedemento corresponde á administración, unha vez examinados, valorados e confrontados os feitos denunciados.

Reclamacións

Cando algunha persoa física ou xurídica que sexa consumidor, e conforme aos criterios  establecidos, estime que os seus dereitos  derivados dunha relación de consumo foron vulnerados pode formular unha reclamación ante a Administración competente.

As reclamacións poden formularse nas Follas de Reclamacións de que dispoñen os establecementos, nas que están a disposición en todos os Rexistros Municipais ou por calquera outro medio admitido en dereito.

En calquera caso é conveniente que se acheguen copias de todos os documentos de que dispoña e que lle sirvan para acreditar o ocorrido

Para a tramitación das reclamacións a Área de Consumo do concello levará a cabo un intento de solución amigable denominado mediación aínda que, previamente, pode ser necesario desenvolver dilixencias de investigación de determinadas cuestións derivadas da reclamación. A miúdo para iso requírense actuacións por parte da inspección ou a colaboración doutros organismos ou entidades.

Se a reclamación non logra un resultado positivo o reclamante  poderá optar por formular unha solicitude de arbitraxe sen prexuízo da responsabilidade que se poida derivar da posible infracción á normativa de consumo e que daría lugar a actuacións inspectoras e/ou sancionadoras e sen prexuízo do seu dereito de acudir á vía xudicial. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting