O Concello de Monforte de Lemos aprobou as TARIFAS URBANAS DE TAXI DE MONFORTE DE LEMOS no Pleno municipal do 14 de febreiro de 2017. Ditas tarifas foron autorizadas pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia o 27 de xullo de 2017, tralo informe favorable da Comisión de Prezos de Galicia desta última data.
Como consecuencia diso, fanse públicas para xeral coñecemento:
De acordo co art. 40.6 da Lei 4/2013, as tarifas aplicables serán visibles para a persoa usuaria desde o interior do vehículo, con indicación dos suplementos e das tarifas especiais que proceda aplicar en determinados servizos.
As tarifas que se aproban serán tamén de aplicación aos servizos interurbanos, no tramo que discorra polo termo municipal do Concello de Monforte de Lemos, se a orixe do transporte está dentro de dito termo municipal.