Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Xuño - 2017  |  17:31:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Inmigración / Estranxeiros » Normativa básica

Normativa Básica para estranxeiros


imagen...
As normas básicas que rixen para os estranxeiros residentes en España recollense na Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social e no Real Decreto 240/2007, de 16 de febrero, sobre entrada, libre circulación y residencia en España de ciudadanos de los Estados miembros de la Unión Europea y de otros Estados parte en el Acuerdo sobre el Espacio Económico Europeo.

Pode consultar o texto completo destas normativas no apartado Enlaces Relacionados.

Aquí expoñemos un dos aspectos máis importantes da mesma relacionados co empadroamento dos veciños estranxeiros:

RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN PADROAL DOS ESTRANXEIROS NON COMUNITARIOS (sen autorización de residencia permanente)

A inscrición no Padrón Municipal dos estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente, está suxeita a renovación periódica cada dous anos, podendo ser acordada a caducidade da inscrición, sen necesidade de audiencia ao interesado, sempre que este non proceda a tal renovación.

A renovación suporá a ratificación dos datos que xa constan no Padrón (coa posibilidade de modificar/actualizar aqueles que sexan incorrectos) incluíndo unha declaración de continuar vivindo en España e a súa vontade de renovar a inscrición.

imagen...
Procedemento de actuación para renovar a inscrición padroal

Cunha antelación de 3 meses á data de caducidade da súa inscrición, o Concello remite unha carta (acompañada dos impresos de renovación da inscrición) para avisar ás persoas que están obrigadas a renovar a súa inscrición empadroamento.

No entanto, sempre que un cidadán estranxeiro non comunitario sen permiso de residencia permanente realice calquera trámite relacionado co Padrón, informaráselle sobre a súa obrigación de renovar a súa inscrición padronal, asinando o impreso que se lle facilitará a tal fin, presentando o orixinal en vigor do Documento Nacional de Identidade correspondente (pasaporte ou permiso/tarxeta de estranxeiro).

Importante - A tramitación dun cambio de domicilio ou dunha modificación de datos persoais suporá a renovación da inscrición padronal.

Destinatarios

imagen...
 Maiores de idade: A renovación poderase realizar polo propio interesado, ou a través de representante debidamente acreditado.

No caso de que actúe por medio de representante, este deberá presentar:

  • O orixinal en vigor do Documento de Identidade do interesado.
  • O orixinal en vigor do Documento de Identidade do representante.
  • autorización para actuar en nome e representación do mesmo.

Nota.- A representación (autorización para actuar) deberase outorgar polo interesado mediante o impreso o respecto no que conste a autorización para actuar en nome do interesado nos trámites relacionados co Padrón Municipal de Habitantes.

Menores de idade: A renovación deberase realizar polos pais que teñan o seu garda e custodia ou, na súa falta, os seus representantes legais.  

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting