Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:26:26
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Oficina Censo Electoral (OCE) » Que é o Censo Electoral?

En qué consiste o censo electoral


imagen...
O Censo Electoral é unha base de datos que contén a relación de persoas que  reúnen os requisitos legalmente esixidos para votar e non se atopen privados, definitiva ou temporalmente, do dereito de sufraxio. A súa natureza é única e exclusivamente electoral, pois non é máis que un instrumento para asegurar que só voten quen legalmente poden facelo e impedir que o fagan quen non poden exercer ese dereito. De feito, a inclusión no censo é unha condición indispensable para exercer o voto e a inscrición é obrigatoria e tramítase de oficio polos Concellos e  Consulados.

Para máis información sobre os procesos electorais, ademáis do indicado nesta páxina, consulte nos Enlaces Relacionados (o pé desta sección), onde encontrará un acceso á Ley Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.

Utilizando como base o Padrón Municipal que elaboran os Concellos, o censo ordénase por seccións territoriais e é o mesmo para todas as eleccións.

Para os españois residentes en España

Ademais do nome e apelidos (únicos datos necesarios para a identificación do votante no acto de votación), o censo recolle outros datos como o número de DNI, o domicilio, o municipio e a provincia de residencia, a data e lugar de nacemento, o sexo e o grao de escolaridad.

Para os españois residentes no estranxeiro

A inscrición deberá conter eses mesmos datos, salvo os relativos á provincia e municipio de residencia, que no seu lugar figurarán os do país e municipio de residencia actual, e ademais recóllese a Provincia e o municipio de inscrición en España a efectos electorais, así como o número do pasaporte, cando non se dispoña de DNI. Esta sección do censo coñécese polas siglas CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes).

 Para os nacionais de Estados membros da Unión Europea residentes en España

imagen...

Figurarán os mesmos datos, salvo o DNI, e ademais constará a nacionalidade e a súa manifestación de vontade de exercer o dereito de sufraxio activo en España nas eleccións municipais e nas eleccións ao Parlamento Europeo. En caso afirmativo citarase a entidade local ou a circunscrición do Estado membro de orixe en cuxo censo electoral estivo inscrito en último lugar.

Iso si, nas Eleccións Xerais (ao Congreso dos Deputados e ao Senado) só poden votar os cidadáns que teñan a nacionalidade española, residan ou non no territorio nacional.

Ao ser un dos elementos centrais para asegurar a limpeza duns comicios, deben asegurarse dous elementos fundamentais:

  • A independencia na súa confección, cos mecanismos adecuados para que non poida ser manipulado en interese de ninguén. Esta tarefa encárgase á Oficina do Censo Electoral (OCE), baixo a dirección e supervisión da Xunta Electoral Central, cos datos que facilitan os Concellos e Consulados.
  • A inexistencia de erros, evitando as duplicidades ou as inscricións fraudulentas. A depuración de fallos conséguese mediante un proceso de revisión permanente, cunha actualización mensual que inclúen as circunstancias persoais de cada elector (condenas firmes, incapacidades…) de forma que, na medida do posible, reflicte coa maior exactitude a relación de persoas que teñen dereito a voto. A tal fin, a OCE está comunicada de forma periódica co Rexistro Civil, co fin de que se lle traslade as circunstancias que afectan ao dereito de sufraxio activo. Ademais, ao detectar duplicados ocúpase de notificar a incidencia ao elector para que opte por unha das dúas direccións e, se non hai resposta, asúmese a máis recente.

 Consulta dos datos do Censo Electoral

Os datos censais poden ser consultados en calquera momento nos Concellos, consulados e delegacións provinciais a Oficina do Censo Electoral e tras a convocatoria de comicios o censo exponse ao público para liquidar reclamacións nun prazo moi breve -menos de once días, e dez máis se se ten que terminar resolvendo un xulgado- e así corrixir as deficiencias de última hora. 

Peche do Censo Electoral

O censo que se utiliza en cada elección é o pechado o día primeiro do mes anterior ao da data de convocatoria. Iso implica que, en cada convocatoria, o censo utilizado ten uns dous meses de desfasamento, é dicir, que as persoas que cambiasen de domicilio nese tempo seguirán figurando na Mesa Electoral que lles correspondía antes, onde poderán exercer o seu dereito a voto. Ata 1995, como a revisión do censo era anual en lugar de mensual, eses desfasamentos podían chegar ata case dous anos. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting