Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Novembro - 2017  |  8:36:38
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Inmigración / Estranxeiros » Vantaxes de empadroarme

Vantaxes de empadroarme


imagen...
O empadroamento será o documento que acredite o tempo de permanencia en territorio español, independentemente da súa nacionalidade ou da súa situación legal, é dicir se ten ou non residencia ou ben a mesma en tramite. A inscrición no Padrón acredítao como veciño do municipio.

Para poder realizar o empadroamento necesitará establecer un domicilio, o cal non é necesario que sexa da súa propiedade, pode ser en aluguer ou ben a casa dun familiar ou un coñecido.

É aconsellable realizar o empadroamento en canto se chegue a España. A inscrición realízase no Concello correspondente á localidade onde vostede reside.

O empadroamento é un tramite moi sinxelo, e unha vez que o faga poderá:

  • Solicitar a regularización e/ou os permisos de residencia e traballo.
  • Solicitar o carné para a asistencia sanitaria.
  • Solicitar o troco do permiso de conducir no caso de existir convenio co seu país de nacemento.
  • Realizar a inscrición escolar dos seus fillos
  • E todos os demais tramites inherentes aos estranxeiros.

Unha das razóns máis importantes para realizar a inscrición no Padrón municipal é que dita inscrición é a proba de arraigamento para conseguir os papeis definitivos. Como tamén o é para ter acceso ás prestacións municipais, como por exemplo as axudas sociais.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting