Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Setembro - 2017  |  22:38:28
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Inmigración / Estranxeiros » Preguntas e respostas

Preguntas e respostas


Podo empadroarme aínda que non teña papeis?

imagen...

Se vostede atópase en situación irregular non debe temer empadroarse no Concello correspondente ao seu domicilio. O Concello non realiza control sobre a legalidade ou ilegalidade das persoas que residen en territorio español. O Concello só leva un rexistro das persoas que habitan na súa xurisdición para verificar a situación en que se atopan.

Qué documentación necesito para poder empadroarme?

Debe de solicitar na Oficina de Estatística-Padrón do Concello que lle corresponda de acordo ao seu domicilio o formulario de Alta Individual ou Colectivo e cumprimentalo cos seus datos.

Acompañar a seguinte documentación:

  • Fotocopia e orixinal do pasaporte/tarxeta de estranxeiro.
  • Fotocopia e orixinal da escritura de propiedade da vivenda onde está aloxado, e que debe de corresponder o domicilio que indica como residencia.
  • En caso de non ter vivenda en propiedade, contrato de aluguer ou autorización asinada polo dono da vivenda onde esta aloxado conforme lle permite residir nela.
  • En caso de fillos, presentará fotocopia e orixinal dos pasaportes e libro de familia.

Presentar todo o anterior nas oficinas de Estatística-Padrón do Concello.

Que facer se cambio de domicilio a un novo municipio?
 
Se cambia de domicilio deberá solicitar por escrito o alta no municipio onde fixe a súa nova residencia. O municipio onde se inscribe, dentro do primeiros dez días do mes seguinte, notificará ao seu antigo municipio tal circunstancia, para solicitar a baixa no padrón. 

Ampliar Foto...
Certificado padrón antigo
 

Que é un volante de empadroamento?

  O volante de empadroamento: É a constancia que lle dará o seu municipio para acredita o empadroamento. Debe solicitalo para realizar trámites administrativos onde non sexa necesario unha proba rigorosa; como solicitar axudas escolares, servizos sociais, en tarifas de transporte, etc.

Que é un certificado de empadroamento?

Certificado de empadroamento: Requirirálo cando sexa necesario acreditar o seu empadroamento ante Tribunais de Xustiza, organismos estranxeiros, etc. As certificacións deberán levar firmas manuscritas do Secretario e do Alcalde ou dos seus delegados.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting