Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Outono - 2017  |  0:33:53
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Empadroamento » Procedemento

Procedemento para empadroarse no Concello


Onde se realizan os trámites? Nas oficinas do Concello (Rexistro Xeral na pranta baixa), en horario de atención o público.

Requisitos e documentación

Deben de persoarse os maiores de idade provistos do documento acreditativo da súa identidade, para asinar a folla de inscrición padroal, debendo de indicar ó funcionario que o atenda o municipio (ou país) de procedencia.

En caso de que se desexe facer estes trámites por medio de representante legal, deberase de presentar a correspondente autorización do interesado para realizar no seu nome estas xestións, achegando copia do documento acreditativo da identidade de ámbos, autorizado e autorizante.

Documentos que acreditan a identidade

  • Españois: DNI ou Permiso de Conducir (para os maiores de idade)
  • Estranxeiros comunitarios: Pasaporte, Tarxeta de Residencia e Carta de Identidade (para os maiores de idade)
  • Estranxeiros non comunitarios: Pasaporte ou Tarxeta de Residencia (para os maiores de idade)
  • Libro de Familia: En caso de empadroar algún menor de idade

Documentos que acreditan o domicilio

Alta nunha vivenda da súa propiedade: Escritura de propiedade, alta ou recibo actualizado o seu nome de auga, luz, gas, IBI, etc.

Alta nunha vivenda alquilada na que o titular do contrato é o interesado: Contrato de alquiler, alta ou recibo actualizado de auga, luz, gas.

Alta nunha vivenda na que xa figuran empadroadas outras persoas: Autorización dun dos maiores de idade que figuran empadroados nese domicilio. Débese achegar documento de identidade (DNI, Tarxeta de Residencia ou Pasaporte) do autorizado e do autorizante.

Alta nunha vivenda de outra persoa, cando non figure empadroada: Autorización do propietario có correspondente xustificante de propiedade. Débese achegar documento de identidade (DNI, Tarxeta de Residencia ou Pasaporte) do autorizado e do autorizante. 

Alta nunha vivenda na que o contrato de alquiler figura a nome de outra persoa que non figura empadroada: Autorización do titular do contrato de alquiler. Débese achegar o contrato de alquiler e o documento de identidade (DNI, Tarxeta de Residencia ou Pasaporte) do autorizado e do autorizante.  

Menores de idade

Polo xeral deben de persoarse os pais, titores ou representantes legais achegando a seguinte documentación:

  • Documento de identidade (DNI, Tarxeta de Residencia, Pasaporte)
  • Libro de Familia ou Partida de Nacemento

Ademáis, segundo os casos, requírese o seguinte:

En caso de Separación ou Divorcio: Orixinal da resolución xudicial pola que se lle concede a garda e custodia. Se ésta fora compartida, autorización do outro proxenitor.

En caso de empadroarse con un dos pais sen estar separados: Fotocopia do Libro de Familia.

En caso de Tutela, Acollemento ou Adopción: Resolución Xudicial.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting