Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:30:46
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Sobre o Padrón de Habitantes

Sobre o Padrón de Habitantes. Cousas que debes saber.


Actualmente están empadroadas en Monforte 19.201 persoas, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 1 de xaneiro do 2014 (derradeiro censo aprobado polo INE a traverso do Real Decreto 1007/2014 de 5 de decembro de 2014 publicado no BOE de 22 de decembro de 2014), mais son moitas as persoas que vivindo en Monforte aínda non se empadroaron, razón pola que o goberno municipal inicia unha campaña de sensibilización sobre a importancia de empadroarse no municipio.

imagen...

É obrigatorio estar empadroado/a?

. Existen normas lexislativas que establecen claramente a OBRIGATORIEDADE DA INSCRICIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL. Bota unha ollada o artigo 15 da Lei 7/1985 e o artigo 54 do Real Decreto 1690/1986 facendo clic aquí.

Onde debo de empadroarme?

As mesmas normas indicadas no parágrafo anterior establecen que debes de empadroarte NO MUNICIPIO EN QUE RESIDAS HABITUALMENTE. En caso de residir en más de un, debes de empadroarte NO QUE RESIDAS DURANTE MÁIS TEMPO Ó LONGO DO ANO. Consulta estas normas facendo clic aquí. [[

Son estranxeiro... podo e/ou debo empadroarme?

imagen...

Naturalmente. Podes e debes. Se resides en Monforte tés o mesmo dereito e deber de empadroarte cós veciños con nacionalidade española. Para coñecer con máis detalle as circunstancias que se dan no empadroamento de estranxeiros, consulta o apartado OS VECIÑOS ESTRANXEIROS da sección a que accedederás facendo clic aquí.

É posible que precises doutros trámites, previos ou simultáneos, para poderte empadroar correctamente. O Concello quere facilitarche a información necesaria para que os realices. Consulta o apartado ENLACES INTERESANTES do menú da esquerda ou fai clic aquí.

Qué trámites debo de facer para empadroarme?

Varían en función das túas circunstancias persoais e familiares, da natureza do domicilio onde resides (en propiedade, de alquiler, etc), da nacionalidade que tés, etc. Podes consultar os detalles sobre os trámites a realizar e os documentos a aportar en cada caso facendo clic aquí.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting