Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:40:44
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Territorio » Numeración de fincas » Fundamento Xurídico

Fundamento Xurídico para a numeración de edificios e fincas


O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación das Entidades Locais, deixa claro QUEN TEN A POTESTADE PARA NUMERAR OS EDIFICIOS e FINCAS do territorio municipal.

En dito Real Decreto, no TÍTULO II - CAPÍTULO III - DA COMPROBACIÓN E CONTROL DO PADRÓN MUNICIPAL, Artigo 75, punto 1 dí: , punto 

"Os Concellos manterán actualizadas a nomenclatura e rotulación das vías públicas, e a numeración dos edificios, informando diso a todas as Administracións públicas interesadas".

Este aspecto recollese tamén a Resolución de 9 de abril de 1997, pola que se dispón a publicación dla Resolución de 1 de abril de 1997, da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e do Director Xeral de Cooperación Territorial, onde se dí:

“Os Concellos deberán manter actualizada a numeración dos edificios, tanto nas vías pertencentes a núcleos de poboación como na parte diseminada, debendo estar fixado en cada un o número/s que lle corresponda/n".

Baseados nestas norma lexislativas, o Concello desenvolveu a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA DENOMINACIÓN E ROTULACIÓN DAS VÍAS PÚBLICAS E DA NUMERACIÓN DE EDIFICIOS, na que se recollen os CRITERIOS que se empregarán para a numeración dos edificios e fincas do concello.

Pode consultar ditos CRITERIOS no punto ao efecto do menú da esquerda.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting