Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:34:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Territorio » Numeración de fincas » Procedemento

Procedemento para a numeración/renumeración de edificios e fincas


Están recollidos na ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA DENOMINACIÓN E ROTULACIÓN DAS VÍAS PÚBLICAS E DA NUMERACIÓN DE EDIFICIOS. 

CAPÍTULO VI - PROCEDEMENTO DE ASIGNACIÓN DE NUMERACIÓN

Artigo 20º - INICIACIÓN

A asignación de número aos inmobles (edificios ou vivendas) e solares poderá facerse de oficio ou a instancia de parte.

Nos supostos de edificacións de nova planta, con carácter previo á concesión da preceptiva licenza de primeira ocupación, o Concello resolverá a identificación de policía que corresponderá ao proxecto de edificio. A este fin o interesado solicitará tal identificación, acompañándoa dos planos que permitan coñecer a localización.

A resolución de identificación deberá unirse á referida solicitude de licenza de primeira ocupación, sendo esta identificación a única válida para todos os efectos.

Artigo 21º - DESENVOLVEMENTO

1. Abrirase un expediente por cada operación a realizar (primeira numeración e cambio de numeración) e realizaranse todos os estudos que procedan para asegurar a veracidade e exactitude do/dos número/s proposto/s segundo a localización da leira na vía, de acordo cos criterios determinados no capítulo V, artigos 16 a 19 desta ordenanza.

2. O Concello solicitará os informes e documentos que considere oportunos, tanto a departamentos municipais como a entidades ou organismos externos que poidan ou deban de participar na decisión (así por exemplo, Informe de cálculo de numeración do Servizo municipal competente en materia de Territorio, Plano de localización da leira obxecto do procedemento, Informe do Departamento de Urbanismo do Concello sobre a validez da documentación descrito no punto anterior).

3. A proposta, con todos os seus informes, someterase á Alcaldía, sen prexuízo das delegacións que puidese outorgar.

Artigo 22º - EXPOSICIÓN AO PÚBLICO E ALEGACIÓNS

1. O expediente provisionalmente aprobado será exposto ao público por un prazo de vinte días, durante os cales os interesados poderán presentar as alegacións ou obxeccións que estimen oportunas que haberán de ser atendidas e resoltas antes da aprobación definitiva.

2. No caso de que non se presente reclamacións no prazo de información pública, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.

Artigo 23º - TERMINACIÓN E NOTIFICACIÓN

O acordo definitivo notificarase aos afectados (veciños e propietarios das leiras e edificios das vías obxecto dos expedientes), ao Instituto Nacional de Estatística (para manter actualizado o padrón municipal de habitantes) e a todas aqueloutras persoas e/ou entidades que se considere oportuno. 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting