Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Maio - 2017  |  20:42:26
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística (IGE)


imagen...
O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia. Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma debe prestar servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolver bases de datos de interese público, analizar as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegurar a súa difusión.

ACTUACIÓNS EN CURSO - ENQUISA ESTRUTURAL A FOGARES

En que consiste? En cumprimento do Plan Galego de Estatística 2012-2016 (Lei 8/2011, do 9 de novembro, DOG n° 225 do 24 de novembro de 2011) este Instituto está a realizar a operación estasttica "Enquisa estrutural a fogares". Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros, etc.
Ámbito A enquisa diríxese a 9. 216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, sendo o motivo desta carta informarlles de que no deseño mostral da enquisa figuran vivendas pertecentes ao seu concello, as cales serán visitadas (dende o 13 de abril ata o 21 de xuño) por un entrevistador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico. 
Aviso sobre colaboración As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estatística na que se lles informa da obriga de facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de Estatística de Galicia, e de que a información poporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico, segundo establecen os artigos 24-28 da citada Lei. 
+ información

Se precisa máis información da enquisa, consulte ao Instituto Galego de Estatística a través do teléfono gratuíto 900 102 104 en horario de 08:00 a 15:00 horas. 

 

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting