Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
28 - Maio - 2017  |  20:29:11
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Oferta educativa municipal » CMUS "MESTRE IBÁÑEZ" » Escola de Música e Danza

Escola Municipal de Música e Danza


imagen...
Ampliar Foto...

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte de Lemos. Para realizar a matrícula os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos nos seguintes horarios:

  • Pola mañá: de 10:00 a 13:00 horas
  • Pola tarde: de 17:00 a 19:00 horas

Especialidades que se ofrecen no curso 2016-2017

MÚSICA DANZA
Percusión (batería e percusión latina) Danza tradicional galega (todas as idades)
Percusión galega (pandeireta, tamboríl, bombo e pandeiro) Danza moderna (a partir de 9 anos)
Teclado e Acordeón Ballet clásico (a partir de 5 anos)
Guitarra española, Guitarra eléctrica Baile de salón (adultos)
Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón  
Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos que se organicen na escola.

A proposta das especialidades de baile de salón, ballet clásico e danza moderna, queda supeditada a que haxa un número suficiente de alumnado inscrito para a súa impartición neste curso na escola. Establécese un mínimo de 15 alumnos en cada disciplina. 

Nas distintas especialidades de danza, á parte das clases convencionais, poderase participar en eventos culturais cos distintos grupos que se formen. 

Dende o concello, con estas novas especialidades tentarase incrementar a oferta no apartado de danza, quedando unha oferta ampla e variada para escola, tanto en música como en danza.

Se desexa unha información máis ampla pódese dirixir á Secretaría do Conservatorio Municipal "Mestre Ibáñez" no Edificio Multiusos do Concello (Ronda María Emilia Casas Baamonde, s/n)  

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting