Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:38:47
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Coñece Monforte » Un pouco de historia

Un pouco de historia


Ampliar Foto...
San Vicente dende A Compañía
  

A orixe  de Monforte sitúase no monte de San Vicente. Esta atalaia, que aínda hoxe domina a cidade, foi nas súas orixes coñecida polos romanos como “Castro Dactonio”. Antes da chegada destes, vivían no castro os Lemavos, cuxo nome significaría “habitantes da terra fértil” (Lemos: terra húmida e vizosa).

Aínda que o asentamento foi destruído no século VIII polos musulmáns, este rexurdirá con forza ao establecerse nel a comunidade beneditina, encargada de repoboar o territorio e espallar o cristianismo. Tamén se establecerá aquí unha importante colonia xudía dedicada ao comercio da seda, a prata, o coiro e os panos.

Monforte será, na época medieval, un singular exemplo de cidade-fortaleza, construída arredor dun mosteiro e un castelo, situados no alto dun monte e cinguidos por unha muralla salpicada de torres defensivas. Aos seus pés o río Cabe, fonte de riqueza e de vida. Da muralla aínda se conservan amplos tramos, tres torres, unha delas a impoñente torre da Homenaxe que aínda hoxe pode visitarse e tres portas de acceso.

Ampliar Foto...
Conxunto Monumental de San Vicente

O nome de Monforte ten a súa orixe nos vocábulos latinos Mons Fortis: Monte Forte. Este nome aparece, por primeira vez referido á cidade, nun documento do século XII. Nesta época, xa se iniciara a chamada REFUNDACIÓN de Monforte, protagonizada polos señores de Lemos: os Castro. No século XV, os Castro conseguirán o Condado de Lemos á perpetuidade, quedando vencellados á cidade por séculos.

Tamén en Monforte se deixarán sentir as revoltas dos labregos en contra da opresión dos señores feudais, amos de vidas e facendas. O movemento Irmandiño tivo especial repercusión, xa que un dos que loitou e derrotou aos sublevados foi o primeiro Conde de Lemos.

Ampliar Foto...
VII Conde de Lemos

Os anos de esplendor

Monforte vivirá anos de esplendor nos séculos XVI e XVII cando o VII Conde de Lemos ocupa importantes cargos na Corte;  como o de Presidente do Consello de Indias,  Vicerrei de Nápoles e Presidente do Consello Supremo de Italia.

O Conde foi tamén mecenas de grandes literatos como Cervantes, Lope de Vega, Quevedo e Góngora. O seu meirande legado á cidade foi a doazón da súa colección privada de arte sacro español e italiano que conforma, hoxe en día, o Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas, un dos máis importantes de España. 

imagen...
imagen...
imagen...
imagen...

Ampliar Foto...

O Cardeal Rodrigo de Castro

Ampliar Foto...

Tío-avó do conde, deixará tamén a súa pegada na cidade coa construción do impoñente edificio do Colexio de Nosa Señora da Antigua, coñecido como o Escorial Galego, que ademais do seu atractivo arquitectónico alberga no interior o impresionante retablo da Igrexa (obra de Francisco de Moure) e unha importante colección pictórica na que destacan as obras de El Greco.

Ampliar Foto...

A invasión napoleónica

A principios do século XIX, Napoleón Bonaparte intentará a invasión de España e Monforte volverá a cobrar protagonismo ao opoñerse ao invasor formando a Xunta de Monforte, presidida polo abade de San Vicente.

A cidade converteuse nun centro de fabricación e distribución de armas, así como de recrutamento e equipamento de soldados. Todo iso motivou, sen dúbida, que os franceses se decidisen a arrasar Monforte.

Ampliar Foto...

O ferrocarril

A finais deste mesmo século, no 1883, o rei Afonso XII inaugura a liña ferroviaria  Madrid - A Coruña, liña que converte á capital de Lemos nun importante nó ferroviario. Dous anos máis tarde, no 1885, o mesmo rei concédelle a Monforte o título de Cidade.

A chegada do ferrocarril marca unha época de crecemento en todos os aspectos, tanto sociais como económicos. Vencellado á presenza do tren, Monforte contará con numerosas asociacións e colectivos de marcado carácter político e sindical, converténdose nunha cidade florecente e moi activa. Pero a mediados do século XX, este motor de vida que era o ferrocarril, foi pouco a pouco despezado; o seu nó ferroviario, xunto co posto de mando, foron trasladados a Ourense, e a meirande parte dos obradoiros ferroviarios, que se consideraban os máis importantes de Galicia, trasladáronse a León. Comezou entón unha era de decadencia económica.  


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting