Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  13:29:37
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Coñece Monforte » A cidade hoxe

Monforte, a cidade hoxe


Ampliar Foto...

Monforte é a segunda cidade da provincia, despois da capital: Lugo. Hoxe é o centro neurálxico da comarca, xa que nela se concentran os servizos máis importantes e é, sen dúbida, o centro comercial máis destacado do sur lucense. Monforte conta cun comercio variado e de calidade  no que os habitantes da zona poden surtirse de todo o necesario e onde o visitante pode realizar con comodidade esas compras que a todos nos gusta facer cando estamos de vacacións.

O aumento do turismo na Ribeira Sacra abriu unha nova vía aos monfortinos no sector servizos, o que deu orixe á apertura de distintos negocios relacionados coa hostalaría e restauración. A súa posición central, respecto da Ribeira Sacra, e a monumentalidade do seu casco histórico,  unido á apertura do Centro do Viño de Ribeira Sacra, ten feito da cidade un punto de partida e de referencia para os que deciden explorar a Ribeira Sacra sen renunciar ás comodidades que proporciona a vida urbana.

Monforte é, ademais,  unha cidade chaira, algo excepcional en Galicia, o que a fai un lugar cómodo para camiñar ou relaxarse en bicicleta. A abundancia de terrazas e parques públicos permiten aos que nos visitan e aos habitantes gozar de amplas zonas de esparcemento.

Ampliar Foto...

O río cabe que atravesa o centro da cidade e que nas últimas décadas fora inxustamente ignorado, foi recuperado para uso e goce de veciños e visitantes, e hoxe podemos percorrer as súas beiras nun agradable paseo polo centro da cidade.


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting