Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Agosto - 2017  |  19:12:40
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Visitar » Monumentos

Monforte Monumental


MONFORTE, FORTALEZA MEDIEVAL

Ampliar Foto...
Conxunto Monumental - San Vicente del Pino

Monforte foi, na época medieval, un singular exemplo de cidade- fortaleza feudal, arredor dun mosteiro, cun castelo situado sobre un estratéxico outeiro (o Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Aos pés do monte, o río Cabe que daba vida ao asentamento. Do contorno da muralla, datada entre os séculos XIII ao XV, aínda se conservan amplos tramos, tres torres e tres portas de acceso á vila. Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior; desde o seu cumio divísase o val de Lemos sucado polo curso fluvial do Cabe. A vista e o atractivo que teñen os castelos fan desta unha parada obrigada.

TORRE DA HOMENAXE

Construída entre os séculos XIII e XV, era o edificio máis importante dentro do castelo, xa que nela se celebraban as Cerimonias da Homenaxe, rito que unía o señor co seu vasalo. É unha atalaia de 30 m. de altura, 13 m. de lado e muros de 3 m. de grosor.

A torre e a muralla da fortaleza medieval sufriron importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña, (1467-1469) e foron reconstruídas unha vez finalizados os enfrontamentos.

Consulta o horario de verán 2017 para visitas á Torre na sección Oficina de Turismo.

» ver ficha e plano 

PALACIO CONDAL

Residencia señorial dos Condes de Lemos, construído no século XVI e reconstruído no XVII tras sufrir un desvastador incendio. Os Condes de Lemos foron unha das familias nobres máis importantes de España. Especial relevancia tivo a figura do VII Conde: Don Pedro Fernández de Castro, que chegou a ser vicerrei de Nápoles (1610-1616) e a quen se recorda como mecenas de Cervantes, Lope de Vega, Quevedo e Góngora. Hoxe, o condado de Lemos forma parte da Casa de Alba. Actualmente, este edificio alberga parte das dependencias do Parador de Turismo. 

» ver ficha e plano

MONASTERIO BENEDICTINO DE SAN VICENTE DEL PINO

Aínda que as súas orixes se remontan ao século X, a edificación actual iníciase no século XVI. A harmoniosa praza do edificio conventual é neoclásica, tanto a súa fachada como o claustro. A igrexa monacal, de portada renacentista e interior gótico de transición, ten unhas elaboradas bóvedas, e nun dos seus laterais, un coro con órgano de estilo barroco. Destacan as imaxes de Santa Ana coa Virxe e o Neno, e un baixorrelevo de orixe románica. Actualmente, gran parte do edificio monacal alberga o Parador de Turismo de Monforte de Lemos

» ver ficha e plano

» saber máis: www.parador.es/es/parador-de-monforte-de-lemos  

 


BURGO MEDIEVAL E XUDERÍA

Aínda que os xudeus de Monforte nunca estiveron confinados e vivían mesturados coa poboación, probablemente o feito de que moitos fosen artesáns e homes de letras, sexa o motivo de que as referencias máis claras que temos de xudeus vivindo en Monforte, nos falen de persoas que habitaban nas rúas Zapaterías, Falagueira e Pescaderías ou na actual Praza de España, hoxe ligazón co centro comercial da cidade.

Despois de visitar a Torre da Homenaxe, vostede pode percorrer a xudería; nela poderá ver aínda as casas dalgúns ilustres xudeus como os Gaibor. Na rúa Pescaderías atopará outra das torres da muralla. Desde ela terá unha estupenda vista da cidade, do convento de A Régoa e da muralla. Un pouco máis abaixo, na mesma rúa, está o antigo cárcere; desde o grande eirado que lle serve de tellado, terá de novo unha vista panorámica do casco antigo e xa, moi preto de este edificio, a Praza de España.

» ver ficha e plano

 


 

NOSA SEÑORA DA ANTIGA (COLEXIO DOS PAIS ESCOLAPIOS)

Ampliar Foto...

Coñecido popularmente como o Escorial de Galicia, é un edificio de estilo herreriano dos séculos XVI-XVII, con dúas ás perfectamente simétricas e unha igrexa central cunha xenerosa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada polo cardeal Rodrigo de Castro no 1593. Actualmente, é o Colexio dos Pais Escolapios e alberga unha sobranceira  pinacoteca na que as xoias máis prezadas  son as obras de EL GRECO.

» ver ficha e plano

» saber máis: www.escolapiosmonforte.com

 


 PONTE VELLA

Ampliar Foto...

A tradición di que é de orixe romana. O que sabemos é que foi reedificada polo mestre Pedro Rodríguez Remberde a finais do século XVI. Ten seis arcos semicirculares, dous deles cubertos por reformas posteriores. Nos seus amplos arcos centrais poden lerse diversas marcas do canteiro. Nun dos seus lados, está o Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas e noutro, a entrada na zona comercial do casco histórico. Desde el, pode accederse aos paseos polas ribeiras do Cabe.

» ver ficha e plano


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting