Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
29 - Xuño - 2017  |  5:44:53
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Visitar » O Cabe

O río Cabe


Ampliar Foto...
O río Cabe nace a 900 m. de altitude no monte de Loureira e descende encaixonado aproveitando unha crebadura deste monte. Ao seu paso pola cidade convértese nun río manso e amable. As súas beiras urbanas son un lugar ideal para dar curtos paseos ou facer deporte.

Ampliar Foto...
Festa do Río
Existe unha festa dedicada a este río: “A festa do río”, que se celebra o último sábado de xullo. Postos de comida e bebida, demostracións de pesca, xogos para nenos, música e outras actividades, concéntranse ao longo do río desde o Parque dos Condes ata o Malecón.

NAVEGAR NO CABE

Alugar unha barca

Ampliar Foto...
Se está en Monforte nos meses de XULLO, AGOSTO OU SETEMBRO, anímese a alugar unha barca para remar por este río de augas quedas e seguras.

Onde alugar: Parque dos Condes
Horarios: 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 22:00h
Prezo: 3,25€/30 minutos por barca

 

Escuela de piragüismo

Ampliar Foto...
O club Quixós é o responsable de que decenas de piraguas surquen o Cabe, constituíndo unha das actividades preferidas de nenos e mozos. O Club esta emprazado no Parque dos Condes e está aberto todas as tardes (fins de semana, pola mañá).

OUTROS DEPORTES

Pescar no Cabe

Descrición: río de bastante caudal, con longas táboas, fácil para a pesca e con abundancia de troitas, algunhas das cales pode chegar a superar os 5 kg. de peso.

Especies: Ciprínidos, Troita fario e excepcionalmente algún Black Bass.

No tramo urbano do Cabe, en pleno centro de Monforte, a pesca permitida é a “pesca sen morte”

Sendeirismo

Carreiro do río Cabe: » Información da Ruta 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting