Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Agosto - 2017  |  19:12:10
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Facer » Monforte Gastronómico

Monforte Gastronómico


Pode estar seguro de que a gastronomía de Monforte non o defraudará. Esta cidade do interior de Lugo ten, como toda a provincia, unha mesa composta por produtos naturais de primeira calidade. En especial, as carnes, os queixos e os produtos de panadería, pero hai moito máis.

Empanada de iscos
Seguramente vostede ten probado diferentes empanadas, pero a de iscos (chourizo e touciño) é a máis monfortina, pode atopala en bares ou restaurantes pero, si ten pensado quedar uns días, encargue unha na panadería e vaia de merenda as beiras do Cabe.

imagen...

Larpeiras
En moitas panaderías poderá atopar este doce de Monforte que non pode faltar os días de festa. Aínda que de receita simple, ten un sabor moi particular e é perfecto para calquera hora do día.

 

imagen...

Polbo
Aínda que moitos dos que visitan por primeira vez Galicia non o saben, onde mellor se prepara o polbo á feira, é no interior. Os de aquí gústanos comelo nas feiras, preparado ao xeito tradicional; cocido e temperado con aceite, pemento e sal. En Monforte temos a sorte de contar con excelentes pulperías, así que non terá que esperar ó día de feira.

 

imagen...

Pans e empanadas
Ribeira Sacra produce excelentes pans, de gran calidade, diversidade e elaborados á maneira tradicional. En Monforte, por tratarse da capital, vostede atopará unha variada oferta, case que  todos co Nome do pobo au aldea onde se elabora. Déixese aconsellar polo panadeiro o panadeira e pregunte polas empanadas cocidas en forno de leña.

 

imagen...

Tapas e Pinchos
Como en toda a provincia de Lugo, en Monforte no podía ser doutra forma, os viños e aperitivos acompáñanse con pinchos que normalmente ofrécense gratuitamente coa consumición en case que todos os bares e cafeterías da cidade.

A variedade e calidade das tapas ten ido crecendo de ano en ano e a iso ten axudado a celebración do concurso anual CUME TAPAS, no que os monfortinos elixen a súa tapa preferida ó módico prezo de 1 euro, durante una quincena. Nestes días poden chegar a servirse máis de 30.000 tapas.

Viño con denominación de Orixe

Ampliar Foto...

Monforte é a Capital de Ribeira Sacra, unha das denominacións con máis personalidade, na que á calidade dos viños únese a espectacularidade da paisaxe.

Pode probar estes estupendos caldos en calquera bar ou restaurante de Monforte, pero si o que quere é mercar, o  Centro de Vino (r/ comercio 6. Monforte) conta coa mellor tenda de viños de Ribeira Sacra do mundo.
 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting