Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Outono - 2017  |  0:38:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Que Facer » Viaxando con nenos

Monforte con rapaces


VISITAS CULTURAIS

TORRE DA HOMENAXE E FORTALEZA FEUDAL

Se viaxa con rapaces, o elemento máis sorprendente de Monforte para eles é a torre da Homenaxe, que nos transporta a tempos remotos de señores feudais, damas e cabaleiros.

Ampliar Foto...

A torre explicada para os nenos

Fai moitos, moitos anos, en tempos de guerra, esta torre tiña grande importancia porque era o sitio máis seguro do castelo. Eiquí, refuxiábanse o señor, a súa familia e os seus homes de armas. Este tipo de torres construíanse sempre no lugar máis protexido, e grazas aos seus altos e fortes muros podían refuxiarse no seu interior. No máis alto estaban as habitacións, debaixo o salón onde se reunían, máis abaixo os almacéns das provisións e, na entrada, un espazo para os guerreiros.

Desde o máis alto da torre pódese ver, desde moi lonxe, se alguén se achega, e as pequenas fiestras que ten, servían para disparar frechas sen correr perigo.

Chámase torre da Homenaxe porque nela era onde os vasalos facían o seu xuramento de lealdade ao señor; esta cerimonia chamábase a Homenaxe.

» ver ficha e plano

 


TEMPO DE XOGOS

PARQUE DA COMPAÑÍA

Neste espazo, atopará unha grande diversidade de xogos ao aire libre para que os nenos pasen unha tarde divertida con total seguridade. Xusto en fronte do parque está a ZONA DE TERRAZAS DA COMPAÑÍA, onde poderán tomarse un refrixerio.

» ver  plano 

EMPRESAS ESPECIALIZADAS EN XOGOS INFANTILES

imagen...

Na cidade existen dúas empresas nas que os rapaces poden gozar dos seus artefactos preferidos, piscinas de bolas, castelos inchables …

MAIS QUE XOGO
Enderezo: C/ Cobas, 88  Teléfono: 982 400 427
» ver plano

KANGUROPARK
Enderezo: C/ Dalmiro De La Válgoma, 17  Teléfono: Tel: 617 683 676
» ver plano


NATUREZA E DEPORTE

RIO CABE

O temperado da espada de Aníbal, unha historia para nenos .

imagen...

Din que galegos e portugueses formaron parte das tropas do exército do cartaxinés Aníbal e que estes empregaban espadas temperadas nas augas dos ríos Cabe e Bibei. Eran espadas curtas, fortes e puntiagudas, e dun temperado tan admirable que non había casco nin escudo que se resistise. Segundo un sabio chamado Estrabón, as espadas chamábanse sempre galegas ou celtíberas, e os galaicos nunca estaban contentos se non estaban seguros de que as súas espadas foran temperadas no Cabe.

 

Vida animal no Cabe

Ampliar Foto...

Parrulos, cisnes e outras aves: Os rapaces entusiasmaranse ao descubrir a cantidade de parrulos e cisnes que poboan este río. Pode comezar o seu percorrido no PARQUE DOS CONDES  ver mapa onde adoitan concentrarse unha grande cantidade deles. Despois, siga pola marxe do río cara á PONTE VELLA (» mapa)

Troitas e pequenos peixes: Segundo os pescadores, este couto é un dos amenos de Galicia, xa que é moi regular nas capturas. Abondan as troitas e os ciprínidos.

 

En Barca polo Cabe

Ampliar Foto...

Se está en Monforte nos meses de XULLO, AGOSTO OU SETEMBRO, anímese a alugar unha barca para remar por este río de augas quedas e seguras.

Donde alugar: » ver plano
Horarios: 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 22:00h
Prezo: 3€/30 minutos por barca

 

Bañarse no Cabe

Ampliar Foto...

CLUB FLUVIAL DE MONFORTE
Enderezo: Rua Caneiro, S/N Teléfono: 982 40 18 18
» ver  plano

 


OTRAS ACTIVIDADES

CINE Multicines Hollywood
Enderezo: Otero Pedrayo 31 Teléfono: 982 405 314
» ver plano
Comprar entradas: http://multicineshollywood.reservaentradas.com 


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting